Outras maneiras de ver o Blogue

Os Homes e Mulleres Verde Fluorescentes


Nunha época na que os gatos eran normais inventouse una maneira de transformalos para ser verdes fluorescentes, e unha vez feitos, os pobres gatiños foron paseados dun lado a outro por todos os laboratorios. Os científicos dedicáronse a investigalos para ver se aparte da súa cor que relucía pola noite tiña algún outro efecto no seu organismo.

A cor non facía dano aos gatiños, ao contrario, cambiou o seu sistema inmunolóxico e eles volvéronse mais inmunes a unha enfermidade terrible; o VIH. Isto alterou a maneira dós científicos de afrontar a enfermidade nos humanos e dende aquela as diferentes probas e demais procesos desenvolvéronse con lentitude a longo dun lustro.

Xa estamos no ano 2016. A primavera é a que domina a nosa estación do ano. A vida dós humanos avanza grazas ao progreso, e pese ao estancamento e retroceso sufrido no ano 2011 (aquela crise global de primas de risco) xa imos remontando. Naqueles anos, comezos dá presente década, había unhas persoas que eran “inVIHsibles” aos demais, xente enferma e necesitada de fondos e axudas varias somerxidas no esquecemento ca sociedade lles impuxo por ter un virus letal nos seus corpos. Todo cambiou de súpeto. Os gatiños verde fluorescentes do pasado e neste novo futuro permitiron que haxa humanos verde fluorescentes. Son humanos que o levar esa cor xa están curados do seu mal, pagan aínda a carga de continuar sendo diferentes por mor dun virus contraído no pasado, pero con algunha importante diferenza, están salvados. Están ben de saúde, agora, o seu sistema inmunolóxico si funciona ben. Xa son VIHsibles, ata pola noite.

Esa visión deste novo futuro descoloca moito as mentes, pois agora lévase iso de ser verde fluorescente. Inda a estar saudables; moitos xoves, e non tan xoves, sométense ao tratamento para ser verdes fluorescentes. A envexa do humano é moi mala, hai anos os enfermos de VIH (acrónimo de síndrome de inmunodeficiencia adquirida) eran inVIHsibles, agora que conseguen un tratamento para a súa cura e circulan pola rúas coma homes de boa saúde pero de cor verde fluorescente espertar a envexa noutros humanos ben sans, e veña, púxose o tema de moda. E como o mundo vai por modas, agora vese polas rúas unha mesturanza de persoas de diferentes cores, uns vense pola noite e os outros non. Uns son máis inmunes que outros por ser fluorescentes a terrible enfermidade que foi (agora si pódese dicir que xa está erradicada) unha lacra para a sociedade coma o VIH ou o SIDA.

Teño amigos verdes fluorescentes, xa eran mis amigos antes de selo, tanto antes de coller o VIH coma despois de telo, sempre serán os meus amigos pois a súa desgraza de ser seropositivos non tivo porqué distanciarme deles. Agora son eles os que teñen máis vantaxes, son máis visibles, son máis saudables, son máis inmunes. E eu alédome por eles, e por este novo futuro de homes e mulleres tan sans e verde fluorescentes, todo grazas a aqueles gatiños aos que lle foi trocada a súa xenética para resplandecer na escuridade. Eles deron a chave aos científicos para lograr cos humanos antes non vistos foran moito máis saudables, máis inmunes, e máis visibles.

Pero iso si, facerse verde fluorescente por facerse é unha parvada, pois é xa para toda a vida. Así pois, pensádeo ben, iso dás modas e moi pasaxeiro, logo xa non haberá volta atrás e brillaredes sempre na escuridade…


Enlaces sobre el tema:




Video:

► Ler mais...

GALLICIENSE REGNUM

 
Acostumados a chuvia miles de emigrantes das terras xermanas viaxaban polas chairas galegas en busca dun lugar para instalarse de maneira definitiva. As lexións romanas estaban xa ben debilitadas, non exercían as labores represoras de entón. As xentes das terras do noroeste ibérico tiñan fama de bravos guerreiros, pero foron amainados polos romanos invasores despois de moitas liortas locais. A beleza das terras do Finisterrae era moi atraente para  a xente de fora. Gallaecia converteuse nun atractivo para comezar unha nova vida. Chegaban os suevos.

No ano catrocentos dez despois de Cristo, sentíanse os romanos abraiados ante a cantidade inxente de persoas chegadas de terras xermanas a Gallaecia. Tanto foi a presión deste novos inquilinos galaicos que forzaron un acordo cós romanos para tomar o control político da Gallaecia. E estableceuse un Foedus, un acordo de ocupación entre Roma e o rei suevo tras recoñecer este a superioridade do emperador. Houbo algunha rebelión local por mor de que os donos dás terras galaicas foron rudos o recoñecer o reinado suevo que se estaba a impoñer. Entre os suevos e os nobres feudais galaicos realizaron distintos amaños para rematar de asinar unha nova orde feudal. Os nobres xuraron lealdade ante o primeiro rei suevo, primeiro rei feudal da Europa medieval chamado Hermerico. Primeiro rei da Galliciense Regnum e recoñecido pola Roma Imperial.

Na antigo reino de Gallaecia os servos era xente campesiña, xentes galegas que traballaban as terras e rendíanlle o tributo imposto o rei. Houbo unha formal convivencia durante varios séculos entre as xentes e os nobres feudais, uns pagaban o tributo e os outros protexíanlles  de calquera invasión de fora. E así, estableceuse un reinado na Gallaecia que asentou durante un bo tempo e chegando a ser o único estado europeo do medievo, logrando organizar a súa propia moeda nacional galaica e chegando a obter varias alianzas internacionais que recoñecían a Galliciense Regnum coma un estado consolidado.

Cento setenta e cinco anos despois, no ano cincocentos oitenta e cinco, o rei visigodo Leovigildo venceu nunha cruenta batalla o rei Andeca de Gallaecia. Terminábase a época de reinado suevo e se daba paso a unha nova época de reinado visigodo. O reinado visigodo en Gallaecia deu lugar o primeiro roubo oficial da Hispania aos galaicos, pois os tesouros dos suevos xuntados polos tributos dos galegos durante anos foron arrincados das arcas do reino galaico para  os gastos da Hispania. 

Os reis visigodos mantiveron a orde institucional instaurada polos suevos e durante máis dun século foron os gobernantes do Reino de Gallaecia. Sendo o rei visigodo Rodrigo o derradeiro rei dos galaicos. A partires do ano setecentos dez a chegada dos islámicos a Hispania  temina por afundir o goberno visigodo ata entón. Aínda que os islámicos chegaron ata as mesmas portas da cidade de Santiago de Compostela, onde nunca antes chegara un musulmán, non repercutiu moito na sociedade galaica. Ata que no ano setecentos vinte dous, “Don Pelayo”,  comezara a reconquistar a península Ibérica dando nacemento á monarquía católica española. A cal, foi imposta e instaurada nas terras antes pertencentes ao Reino de Gallaecia. O sufrido reino estado de Gallaecia xa sufrira espoliación dós romanos, logo dós suevos. Cando mais felices eran os galaicos chegaron os godos. Logo os mouros. Pero o que rematou por afundir un estado galaico foi o imperialismo español, pois repartiu terras a nobres condes e duques caciques, leais a monarquía, os que dedicáronse a gobernar Gallaecia en nome do rei de España. Unha España arrexuntada a forza que quixo engulir a totalidade do territorio Ibérico nun mesmo estado monárquico ata conseguilo.

A historia débelle moito a estas terras de Galicia, e aos galegos. Débelle a honra arrebatada. Débennos un recoñecemento de estado. Deberíamos estar libres dunha desgaleguización imposta a o largo dós séculos polo goberno central español para desacreditar a historia da nosa terra e os vínculos que nos unen coa historia, así como a fala e as costumes galegas que inda na actualidade perduran. E case unha obriga, sentirse máis galego que nunca antes de que termine de esmorecer a nosa honra e a nosa dignidade arrebatada durante séculos, que espallou a nosa unidade de entón, unha unidade exemplar como nas revoltas irmandiñas contra o poderoso, o mesmo poderoso destes tempos de revoltas sociais. Os tempos non cambian e os caciques aínda existen na nosa terra invadida.
► Ler mais...

BELTAINE

 
Beltene o Beltaine o Cétshamain, a roda celta continua a rodar. "Calan Mai", "Bealltainn", "Calan Me","Boaldyn" y "Kala Mae". Nomes mais antigos; Kentu-saminos o cét-sam-sin, "Ceitein", nome na actualidade no gaélico escocés. No Beltaine; saen as xentes cos fachucos na Galiza, ilumínanse as leiras pola noite do trinta de abril para recoller o sementado. As cinzas dos fachucos abonan a terra sementada e a fertilidade das mesma mantense de cara a seguinte sementeira. A deusa Beltaine da fertilidade e do amor protexe a terra e dálle o xusto para que xermine a semente e saia a vida a relucir. No mes de Beltaine as flores e as cores inundan as leiras, florecen os amores e o contacto coa terra. A luz faise máis intensa.

Na noite do trinta de abril quéimanse os restos da recollida, o lume purificador converte en abono as cinzas esparexidas como alimento a unha terra que a pouco volverá a xerminar. As familias celebran a recollida bailando e cantando o redor dás fumeiras, gaiteiros e pandereteiras cántanlle a deusa Beltaine.

Mes de Maio; mes amor, mes da fertilidade, do ríspeto e da bondade por un mundo mellor. Mes de súplica a deusa Beltaine, una deusa curadora, que libra de enfermidades se os rogos de alguén escoita. A deusa aplica forza e vitalidade o espírito, anima ao cambio positivo.

No Beltaine, os celtas da antigüidade facían rexurdir o acto sexual entre os xoves da tribo. No medio do bosque sagrado e iluminados polo lume dos fachucos, toda a tribo miraba as parellas espidas que amábanse sen pudor ante eles. A enerxía liberada no acto sexual servíalles os druídas para dirixila ás leiras e dotalas dunha fertilidade máxica. A deusa Beltaine observa as parellas facer o amor e gústalle esperar o momento preciso para preñar a unha namorada.

Na festividade do Beltaine a alegría e os ánimos revitalízanse, a deusa anima a gozar dunha terra florecida en liberdade. A deusa da vida, dá vida. Unha deusa que representa a todas as nais e ao amor de nai, un amor perdurable.
► Ler mais...

Seres Máxicos e Németons na Galiza



Os romanos invadiron A Galia destruíndo a conciencia os seus bosques sacros. Asasinaron a gran parte dos druídas, e exterminaron boa parte da cultura dos celtas. Na Galiza ( a pequena Galia) case que o mesmo. Ao queimar os bosques sacros, acabaron coa vida de case todos os pequenos seres sobrenaturais que pola noite iluminaban coas súas luces multicolores a espesa vexetación. Todos os territorios sacros albergaban segundo as lendas outros tipos de vida, que só os celtas podían ver ou intuír. ¿Todos desapareceron?. Poden existir nós nosos bosques sacros cheos de maxia noutro tempo chamados chamados Nemats ou Németons, poboados duns pequenos seres sobrenaturais de aspecto humano. Humanos e pequenos seres sabían cada cal da existencia do outro, e aínda que se evitasen, respectábanse de mutuo acordo.

Moitos dos celtas que sobreviviron á invasión romana escaparon cara a territorios do norte da península Ibérica. Alí foron acollidos por unhas tribos que aínda defendíanse con uñas e dentes contra o asedio romano. Integráronse con rapidez, xa que eran tribos de similares costumes. Os Németons de Gallaecia estaban en pleno auxe a finais do século I a.c. Os seus bosques acolleron numerosos rituais ás agachadas das patrullas romanas que todo o vixiaban.

A maxia dos bosques galegos perdurou ao longo dos séculos nalgúns lugares. As carballeiras, os soutos, castiñeiros e demais arboredos presentes na xeografía galega, conservan o encanto máxico destes belos e místicos lugares onde se cadra aínda hoxe en día, se se busca en condicións, póidase atopar algún lugar onde habiten os belos seres máxicos que poboan ou que poboaron eses bosques sacros da antigüidade.


► Ler mais...

Filibusteiros Galegos


Mais dun criminal galego despuntou nunha época do século dezanove na que tornaron de novo a escena do mar os chamados filibusteiros. De menor rango social que os piratas, máis violentos e dispostos a matar por un anaco de pan ou unha botella dun viño que daba noxo.

Un cacique español; dono de moitas terras de Galicia roubadas ós galegos, por medo as revoltas progresistas que se estaban a dar neses tempos dedicábase a contratar a xente sen recursos e con fame para embarcalos nun bergantín fortemente armado para atacar os barcos de tránsito que pasasen fronte as costas galegas roubándolles así parte do seu cargamento que enchían aínda mais as arcas do cacique. Eran os filibusteiros galegos.

No século dezanove, a cidade Ferrol era un fervedoiro clandestino onde comezaron dunha maneira radical as primeiras revoltas do movemento popular progresista, cousa que non gustou nada os mandos militares españois que o mandar aviso a súa sede central ibérica reforzaron a súa presenza na cidade, e as matanzas e asasinatos encheron as rúas de cadáveres de ámbolos dous bandos. Chegaba o momento dos filibusteiros.

Os filibusteiros contratados polo cacique castelán foron enviados a ría de Ferrol a facer un traballiño, as naves militares farían a vista gorda, tiñan todo premeditado. Comandaba a nave o robusto e cara de cona Miguel Ferreira, criminal ferrolán que negociou co cacique todos os detalles da operación aínda que non era de fiar. A o cacique xa lle habían dado as autoridades militares as oportunas novas do que habería de facerse. A bordo do bergantín; o nutrido grupo de criminais navegaba a ría cruzando entre os castelos dá Palma e San Filipe, o seu propósito ben claro, atacar a cidade dende o mar. Ou iso é o que pensaban os militares confabulados co  cacique para dar un escarmento a revoltosa cidade, o que non contaban era que o malvado pirata Miguel Ferreira nado en Ferrol era reticente a atacar a súa propia cidade. O propio Miguel había recrutado a todos os filibusteiros de a bordo, tomou el só a decisión. Todos eles eran galegos, pero de fora, non da cidade. A eles, tamén criminais coma el, importaríalles un carallo fundir coa pólvora as casas da cidade. O Miguel non foi parvo,  dende o momento que tomou a decisión ben sabía o que ía facer.

Deu a orde de ocupar todos os seus postos para comezar o ataque mandando virar a nave. Dispúxoa fronte o muro do arsenal militar, algunhas naves e galeóns estaban atracados nos distintos múelles do recinto militar, todos eles sen agardar ataque algún contra eles, e menos dentro da propia ría. O pirata Miguel, enganou os sedentos de sangue que esperaban masacrar a cidade, incluso os propios filibusteiros asasinos por dous patacóns. Algúns militares acercáronse o muro cheo de canóns para ver de cerca a nave sen pensar sequera que uns intres mais tarde perecerían polo fogo inimigo. O pirata ferrolán deu a orde de atacar. Os canóns comezaron a cuspir as súas bolas macizas que impulsadas estrelábanse contra o muro de pedra do arsenal chegando incluso a derruír parte do teito do cuartel xeral do arsenal militar ferrolá. A medida que o muro comezou a derruírse as pesadas bolas foron a traspasar a muralla chegando a fundir mais dunha embarcación. Os militares reaccionaron tarde, case cando  Miguel Ferreira xa dera a orde de saída da ría, encamiñábanse caro o mar aberto.

O bergantín perdeuse na inmensidade, atracarían quizais en algunha outra cidade galega para dar conta de moitas botellas de mal viño e de mais dun feito desagradable. Calquera se fiaba dos filibusteiros.

Datos Reais:

Deixou dito o derradeiro pirata galego Benito Soto, "Os mortos non falan". 
Benito Soto; sanguinario pirata galego, din que o derradeiro, foi xulgado e axustizado polos seus crimes e converteuse nun dos mais temibles piratas do atlántico no século XIX. Unha das súas vítimas fora un ferrolán chamado Miguel Ferreira, unha persoa moi violenta que a cotío metíase con el durante as singraduras. Un día o Benito Soto fartouse e matouno dun disparo na testa para tiralo pola borda despois. Unha profesión pouco proveitosa a de pirata e filibusteiro, todos rematan sendo axustizados.

Información do derradeiro pirata galego Benito Soto:

Pirata Benito Soto

Benito Soto. PONTEVEDRA. 25 años (huido y preso en Gibraltar): Ahorcado, arrastrado, descuartizado y sus cuartos expuestos en ganchos a orillas del mar.

► Ler mais...

Asbestose, causa de esquecemento

 
 
Tamén existen heroes dos que ben pouco se fala.

Moitas son as almas as que obrigóuselles a finar a súa estancia na terra por ter estado expostos a o terrible liquidador humano que é o amianto. Nestes tempos de radioactividade, contaminante e letal, convívese tamén con mais dunha sustancia perigosa para o noso débil organismo humano.

Ese material que tampouco é visible, é tamén co tempo letal. Non paga a pena traballar preto do amianto para ver recortada a vida en saúde e en anos. A toxicidade deste produto aínda non quérese ver, as institucións oficiais sairíalle moi caro recoñecer de maneira masiva as cantidades de mortes que provoca o día o amianto. Moitas delas non recoñecidas por que aos finados non se lles fai a autopsia oportuna que demostrase os indicios de Asbestose.

Palabras coma engrosamento pleural son comúns nas zonas de Galicia onde moitas persoas serven ou serviron en empresas que os poñía a traballar co asbesto sen que ata ben pouco se tomasen as medidas de seguridade oportunas. Levaban os buzos do traballo a casa,  contaminando tamén a mais dunha muller có simple feito de meter na lavadora o peto en cuestión. Aínda cústalles, a quen corresponda, tomar as decisión legais para recoñecer moitas mortes e afrontar así as indemnizacións oportunas.

Mírase cara outra banda cando se está a ver a cantidade de mortes que provoca o asbesto, as cales incrementase cada ano. Moitas mortes achácanse a outras patoloxías cando a realidade é ben distinta, preferindo silencialas. Moitas familias loitan polo recoñecemento de morte por Asbestose dos  seus finados, moitas inxustizas se están a cometer por mor de non recoñecer como tal a mencionada e letal enfermidade.

Son os liquidadores galegos do amianto.
► Ler mais...

Os Liquidadores



Ata un millón puideron  chegar a ser as persoas chamadas “Liquidadores” que se dedicaron  a traballar tralo accidente na planta nuclear de Chernóbyl.  Pero sen deixar de valorar o traballo dos demais cabe destacar a historia de tres deles que foron especialmente importantes pola súa consecuencia de salvar a Europa dunha tremenda contaminación radiactiva. Alguén tiña que facelo.  A saúde de Europa dependía do seu traballo. Foron tres homes valentes os que cunha honra sobrenatural dirixíronse a unha morte mais que segura pois  tiñan que entrar na parte máis radiactiva da central e dende alí mergullarse na piscina do reactor para abrir unhas válvulas que permitisen a saída da auga contaminada e dirixila a uns tanques para ser almacenada por emerxencia. A auga tiña unha cor azulada que indicaba á perfección  o alto porcentaxe de radiactividade que contiña, sobre pasando moitas veces o nivel de radiación que un humano pode tolerar na súa vida. Aínda a todo, sabedores de que alguén tiña que facelo, tres valentes homes foron coma Biorobots. Eran parte dos miles de liquidadores que empregaron e entregaron a súa saúde por salvar a do resto das persoas de Europa tralo accidente do reactor de Chernóbyl. Acudiron o lugar para salvar moitas vidas no futuro.

 A media mañá, Alexei Ananenko, Valeriy Bezpalov y Boris Baranov tomáronse un vasiño de vodka para sentirse decididos, tomaron a súas caixas e botaron a andar cara a lava radioactiva na que habíase convertido o reactor número 4 do complexo electronuclear de Chernóbyl.

A medida que se achegaban o reactor a mais contaminación estaba expostos, era unha viaxe tan só de ida, cada paso seu unha despedida. Chegaron o lugar, o nivel -5 do reactor, onde estaba a piscina de auga fría para refrixerar o combustíbel radiactivo, unha auga cunha radiactividade case sólida. Un deles quedou enriba alumando coa lanterna, mentres os outros dous heroes botáronse o auga cara ás válvulas que tiñan que cerrar. Ninguén mais estibo alí para saber o que estaban a facer e como lles fora. Minutos despois a auga comezou a circular polas tubarias que a dirixirían a un lugar seguro. Sendo esta acción vital para que non terminase de estoupar o reactor e crease unha enorme columna radiactiva que contaminase a toda Europa. Non tardaron en falecer pola longa exposición a uns niveis de contaminación  terríbeis que acabaron con eles, polo síndrome radioactivo extremo.

Toda una demostración de valor e honra. Moita valentía e entrega polos seus ante o desastre.
Non o sabemos pero pode que agora mesmo no Xapón haxa xente que ben poderían denominarse Liquidadores por estar expostos a unhas radiacións daniñas mentres loitan por mitigar os efectos da devastación que sofren dende hai días.

E cada día que pasa estou mais convencido do mal que é para humanidade ter todas esas plantas nucleares repartidas polos distintos países. Unha enerxía perigosa, residual, altamente contaminante, cara dabondo. O futuro non está no nuclear, estará no vento, e no sol, non queremos mais hipotecas radiactivas…



Ligazóns:

http://unabrevehistoria.blogspot.com/2008/08/liquidadores-de-chernobyl.html
http://lapizarradeyuri.blogspot.com/2010/04/los-tres-superheroes-de-chernobyl.html
► Ler mais...

O Dez de Marzo do Setenta e Dous


O Ferrol do setenta e dous acollía unhas importantes asembleas clandestinas, os vocais xurados que representaban os intereses dos traballadores do naval foron suspendidos de emprego e soldo. Decatáronse nas primeiras horas da mañá do día nove de marzo de mil novecentos setenta e dous. A noticia correu como a pólvora pola contorna do estaleiro, e en solidariedade cos seus compañeiros concentráronse nas bancadas centos de traballadores. De alí foron á chaira onde se atopaban as oficinas da dirección da empresa e escoitaron as palabras do director, que non logrou convencelos. Nese lugar permaneceron sen retornar ao seu posto de traballo ata ben entrada a tarde. O requirimento das autoridades para que abandonasen a empresa non foi suficiente para disolvelos. Eran, as tres e media da tarde, e as forzas de seguridade do Estado tomaron a empresa. Había varias grileiras dentro do estaleiro e sobre as cinco e cuarto da tarde, baixáronse numerosos policías cargados coas súas porras e demais utensilios de forza, e non dubidaron en cargar contra os indefensos traballadores.

Á saída do estaleiro esperáballes outro bo número de efectivos policiais que os acurralaron, repartiron paus de xeito abondo a torto e a dereito. Varias pelotas de goma romperon cristais dalgunhas casas particulares do barrio de Esteiro. Os botes de fume e os porrazos estaban na orde do día, moitos obreiros xacían no chan doridos polas malleiras. Os traballadores corrían por todas as esquinas posibles para escapar do asedio dos temibles corpos de seguridade represores daqueles tempos de ditadura vinda a menos. Estaban acurralados. Foron numerosos os feridos, por medo a curar as súas feridas nos hospitais e evitar represalias das autoridades, acudían ás agachadas as súas casas particulares, cuxos propietarios atendíanos de xeito clandestino.

O meu avó estaba cansado de tanto correr; escondeuse entre as árbores do cantón, o barullo e o alboroto, creaba neses momentos a imaxe do caos en Ferrol. Tiña medo, eran numerosos os policías que corrían detrás dos traballadores ensaiándose con eles a golpes coas súas porras. Recibira un pelotazo de goma nunha perna, non podía camiñar sen ter que soportar unha enorme dor. Quería refuxiarse en casa da miña nai, que por aqueles tempos vivía na Travesía de San Luís, xusto enfronte do Campo de Batallóns. Como puido, foi evitando aos policías, que ao velo tendido o aporreaban ao seu paso sen miramento algún. Logrou a duras penas chegar a casa da miña nai, malferido, atemorizado polo que acababa de vivir.
Era o dez de marzo de mil novecentos setenta e dous no antigamente chamado Ferrol do Caudillo. Ao día seguinte, os traballadores dos estaleiros, demostrarían un espírito de unión obreira exemplar para que en moitas localidades de Galicia e España alzásense a reivindicar os seus intereses. Decidiron agruparse enfronte as portas do estaleiro a primeiras horas da mañá. Para reivindicar a represión sufrida o día anterior. Decidiron facer paro xeral ese desgraciado día dez de marzo. Como o goberno non estaba disposto a tolerar ese tipo de situacións no país, enviaron a Ferrol maior presenza policial.

Os obreiros só desexaban manifestar un trato digno, o dereito a ser escoitados en negociacións futuras, a non ser reprimidos pola forza bruta que demostraba a policía por aqueles tempos. Estábaselles privando dos seus dereitos. Pero cando comezaron o seu percorrido polas rúas, as forzas de seguridade do estado ditatorial xa os estaban esperando. Eran unhas catro mil persoas, unidas para reivindicar os seus dereitos, pero non os escoitaron. A policía recibiu a orde de cargar contra a multitude, cando esta iniciaba o seu percorrido polas Pías en dirección a Caranza. Os obreiros no canto de acovardarse e fuxir como o día anterior, enfrontáronse con valentía ás forzas de seguridade, cargados con paus e pedras, decididos dunha vez por todas a loitar unidos. Pero a policía disparou de xeito indiscriminado, cos seus zetas metralladoras e as súas pistolas, logrando alcanzar a numerosos feridos. Aos desgraciados dez minutos xa había un morto. E outro máis pouco despois. Os seus propios compañeiros trasladáronos ao hospital, mentres outros, xa toleados pola noticia que correu como un raio da morte dun compañeiro, lograron acovardar aos sorprendidos policías que nada puideron facer para reducilos que escapar do lugar.

Creáronse piquetes informativos para que os veciños de Ferrol e a súa comarca soubesen o que acababa de acontecer. Ese día houbo centos de aporreados, máis dunha ducia de feridos de bala, entre eles dous mortos. A todo xuízo racional quédalle manifesta a desproporcionada actuación das forzas de seguridade do réxime de Franco. Ese día Ferrol era unha cidade asustada. As persoas encerrábanse nas súas casas, medorentas de futuras detencións que finalmente se produciron.

O meu avó materno, maltreito das feridas do día anterior, non puido acudir á manifestación dese desgraciado dez de marzo. quedo en casa, pendente da radio e o televisor. Salvando se cadra a súa vida. Se non chega a estar maltreito, a recado que estaría aí ao pé do canón. Iso si, acudiu ao enterro dos compañeiros falecidos, onde segundo contaba había centos de policías custodiando o mesmo. Coma se iso fose unha nova manifestación que o réxime franquista entendía como perigosa. Eran os últimos avatares da ditadura. Pero foron momentos duros, cheos de dor, dunha unión obreira exemplar para calquera lugar do mundo. Os falecidos convertéronse nunha especie de mártires da súa Loita. Hoxe en día, no barrio de Recimil (Ferrol), pódese observar o Monumento ao Obreiro. Cada dez de marzo, celébrase un acto de ofrenda en recordo daqueles feitos, dos falecidos Daniel Néboa e Amador Rei. Cada ano realízase unha sincera homenaxe a ese espírito de unión obreira exemplar no ano setenta e dous.

O pai da miña nai contaxioume ese espírito de loita que debemos de ter todos para reivindicar os nosos dereitos dun xeito civilizado, que nunca deberemos de acovardarnos a esixir os nosos dereitos e liberdades. O meu avó Xurxo relatoume no seu día estes feitos, sendo para min unha declaración moi importante sobre o sucedido ese día de marzo, xusto un ano antes de que eu nacese. Crecín coa loita obreira na sociedade, sentín esa loita obreira que operaba na rúa, crecín con ese espertar cara a unha democracia, e con reconversións navais.
► Ler mais...

Muller Galega



Repítese de novo a mesma historia, está a pasar. Nosa Rosalía de Castro aínda non é apreciada polos seus como debe ser. E máis no día da muller traballadora, día de recoñecemento as loitadoras como ela foi, e máis cando ven sendo o seu cabo de ano, cento vinte e cinco anos sen Rosalía de Castro. Muller feminina e feminista que revelábase contra a desigualdade ante os homes triunfando cós seus versos nun mundo de homes. Porén é necesario que un día coma hoxe haxa un recoñecemento dós galegos a súa precursora, para que non caia no esquecemento, para que os xoves galegos da Xeración SMS coñezan e admiren a obra dunha persoa que se non houbera existido sentiriámonos baleiros e case sen identidade.

Nas redes sociais, polos centos de taboleiros de persoas galegas circulan ligazóns a vídeos de Youtube ou a outras páxinas que sinalan homenaxes a mulleres, mulleres estranxeiras valorosas, mulleres españolas loitadoras, pero bótanse en falla o recoñecemento ás mulleres galegas. Mulleres traballadoras e loitadoras galegas todas elas lideradas pola nosa Rosalía de Castro. Habela hainas o caso e que se recoñezan e se valoren en todos os ámbitos da vida galega. E iso pouco se fai.  Valórase mais o de fora, homenaxéase mais o de fora, vese con mellores ollos o de fora que o de dentro da Galiza. Se Rosalía fose nada en Londres no século dezanove a día de hoxe tería un recoñecemento de figura mundial. Na súa terra foi e é unha figura tapada polos propios galegos castelanizados trementes quizais de que Galicia esperte o sentimento de pobo que ten que ter, ese sentimento que tanto Rosalía de Castro coma outros autores galegos encargáronse de deixar plasmado a pesar dás trabas impostas polo goberno central castelán.  

Vaia este humilde escrito para reivindicar de novo e reiteradamente; que cada galego, cada un de nós, estamos obrigados a saber da nosa historia e a coidar os símbolos da nosa terra para ter identificado o noso valor como pobo. Ninguén pode impor a quen se debe homenaxear ou non, ese sentimento sae do coñecemento que teña o mesmo pobo da súa historia e da súa identidade e porén a importancia de sensibilizar á mocidade expoñéndolles primeiro o valor dás mulleres da terra, e logo as do resto do mundo.

Unha feminista valente e sen dúbida unha muller de bandeira, de bandeira galega. Vaia por toas as mulleres galegas todas elas coa súa retranca.

“Ben sei que non hay nada
Novo en baio d'o ceo,
Qu'antes outros pensaron
As cousas qu'ora eu penso.
   E ben, ¿para qu'escribo?
E ben, por qu'asi semos,
Relo que repetimos
Eternamente ó mesmo.”

Rosalía de Castro / Vaguedás / Follas Novas
► Ler mais...

Personaliza a túa Lectura

|

O MEU PERFIL

galaicum

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

CONTACTA CÓ AUTOR

Creative Commons License
A obra do Galaicum está protexida baixo licencia Creative Commons.

AVISO LEGAL

Copyright © 2010
O NEMETUM DO GALAICUM

"A Natureza Nunca Nada sen Motivo Fai"

 
▲ Subir ▲